|
Gustavo Roldán naceu na Arxentina en 1965. Publica en diferentes medios gráficos e realiza exposicións dende 1985. Os seus libros, dos que é autor do texto e das ilustracións, editáronse en Arxentina, Francia, México, Brasil, España, Holanda, Corea e Suíza. Entre outros premios, recibiu a Lista de honra ALIJA (IBBY Arxentina) en catro ocasións, o premio OCTOGONO (CIELJ Francia); e foi seleccionado dúas veces pola White Ravens List da Biblioteca de Múnic, Alemaña. En 2011 recibiu o premio Junceda da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña (APIC). Actualmente reside en Barcelona, onde colabora con distintas editoriais.
|