Zwischen und
Kriterien zurücksetzen

A luz nos teus ollos (Mene, Álex / Ouviña, Ruth (Illustr.))
A luz nos teus ollos
Autor Mene, Álex / Ouviña, Ruth (Illustr.)
Verlag Editorial Bululú
Sprache Galicisch
Mediaform Adobe Digital Editions
Erscheinungsjahr 2024
Seiten 84 S.
Artikelnummer 48206801
ISBN 978-84-10-04901-7
Plattform EPUB
Reihe Molino de viento
Kopierschutz Wasserzeichen
Sonstiges Ab 7 - 14 J.
CHF 5.50
Zusammenfassung

No planeta Vilar non hai luz, todo é negro. Cristal e Carbón deciden que as cousas non teñen por que seguir sendo así só porque sempre foron dese xeito. Os dous xemelgos inician unha viaxe por todo o planeta, empregando o seu enxeño, tacto, ouvido e olfacto para superar os perigos que se cruzan no seu camiño na procura da Luz.

Regatos, bosques, montañas, desertos e unha chea de amigos formarán parte da travesía destes dous irmáns que, sen recuar ante ningún monstro ou ameaza, loitarán por conseguir o don da vista para os habitantes do seu planeta.

Álex Mene. Naceu en Vigo no ano 1969. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión. Despois de ter traballado en diferentes países, atopou o seu lugar no mundo nas Rías Baixas galegas. Traballa de profesor de instituto no bacharelato artístico musical impartindo as materias de Cultura Audiovisual e Fundamentos da Arte e, durante anos, colaborou no suplemento cultural do xornal O Correo Galego. Gústalle a fotografía, a literatura, a ciencia, ir ao cine e ao teatro, facer deporte, escoitar música, viaxar e a boa mesa. En 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas na colección Verdemar da editorial Alvarellos. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento.

Ruth Ouviña. Naceu na Coruña en 2002, mostrando interese polo mundo das artes dende sempre. Tras realizar o bacharelato artístico, ingresou na EASD Pablo Picasso da Coruña para estudar o Ciclo Superior de Ilustración, titulando no curso 2021/22, e cursou Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Gráfico na mesma escola. Compaxina a súa formación con impartir clases de debuxo e pintura a nenos. Gústalle a fotografía, e intégraa a miúdo nas súas ilustracións, tanto mediante tratamento dixital como tradicional. Tamén gusta da poesía, de escoitar música e de pasar tempo cos seus seres queridos. Namorada da súa cidade natal, un dos seus grandes amores é o mar, ao que recorre como fonte de inspiración e de acougo. A luz nos teus ollos é o seu primeiro proxecto como profesional da ilustración.